ARTE SÁ

Máis ca folklore por Paula Cascallar
Partindo de que hai notas do folklore galego que datan de séculos antes de que chegara a escritura á nosa cultura (que se transmitiu e preservou oralmente), convén estimar a importancia do seu valor tanto etnolóxico como moral para nós.

Sempre que atravesei a ponte de Catoira, contemplei as Torres do Oeste ir quedando atrás: agora, súmase á aberración a obra do Ave. Este acoso contemporáneo ao patrimonio, a soberba do construcionismo desaforado que en poucas décadas será estrume, suxíreme un temor dos poderosos polos nosos antergos obxectos de adoración.


O sexo é un paradigma da humanidade que permanece inconcluso e inalterábel, cecáis motor da nosa condición posesiva e devastadora neste planeta. Vencellado, biolóxicamente, ao poder invasivo, reprodutor, da nosa especie, hoxe en día é o fenómeno da humanidade que máis se protexe e menos se cuestiona.

O confinamento, e maila tecnoloxía, viñeron constatar a obsolescencia do modelo de vivenda das nosas vilas. A estrutura dos apretados edificios dista pouco das urbes romanas.