Galeoska na Festa da pataca de Coristanco

16.09.2024

O Grupo Galeoska disfrutou onte na Festa da Pataca de Coristanco. Ante unha grande afluencia de xente procedentes de toda Galicia, os artistas do grupo pintaron in situ a carón do seu stand ubicado na rúa Ervecedo de Coristanco. O evento comisariado por Loli España dou como froito a adquisición de varias obras e o disfrute de ver pintar aos artistas en directo.