ABEL BARANDELA

NOME ARTÍSTICO: ABEL BARANDELA
LOCALIDADE: SANXENXO
ANO: 1972
TELF: +34 620 26 96 14
PÁXINA WEB:
ENDEREZO ELECTRÓNICO: pinturasbarandela@hotmail.es 

ACERCA DE MIN:

Abel Barandela é un pintor autodidacta, aínda que a maior parte da súa formación recibiu no obradoiro de artes plásticas de Sanxenxo.

Actualmente conta con tres coleccións ben diferenciadas, luces, é a máis vistosa, dando gran protagonismo á cor onde figuras e espazos son imprecisos.

Costumes, onde se reflicte un pasado moi próximo do rural galego... e por último, o viño tinto. É a colección máis coñecida do autor na que utiliza pousos de viño tinto mesturado con pinturas acrílicas ou acuarelas, logrando unha peculiar oxidación da cor.

Esta colección espertou un grande interese no público, así como nos medios de comunicación, dando a este autor un pequeno espazo no mundo da arte. As súas obras foron expostas en moitos lugares da península, tanto en salas privadas como de administración.

En 2017 recibiu a medalla de ouro do foro europeo no hotel W Palas de Madrid. Recibiu a distinción do concello de Cambados "Cidade Europea do Enoturismo 2017".

Foi nomeado defensor en Ribadumia da orde dos tintos do Salnés

Artista Pintor