SON NOTICIA...
Desde o pasado mes de xuño, e ata o 31 de xullo, pódese visitar no espazo cultural O Cárcere Vello, en Lugo. Segundo o propio autor, os traballos desta exposición caracterízanse polo uso de diferentes formas xeométricas, organizadas de forma lóxica, "mostrando unhas pezas cheas de cor como tema principal para compoñer o cadro". O resultado é "unha...
A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) acollerá desde o luns, 19 de xuño, a exposición conxunta Dualidade e Dimorfismo das artistas Carmen Sampedro e Anetadocamilo. A inauguración celebrarase o mesmo luns ás 20 horas no Centro Empresarial do Tambre en Santiago de Compostela. A mostra estará aberta ao público ata o 14 de xullo, en horario de...
David Cabaleiro expón en Mos
O pintor e escultor David Cabaleiro expón unha selección das súas mellores obras no Pazo de Mos. Baixo o título "Fantasías do camiño", o artista vigués amosa unha recompilación escultórica e pictórica na que se pode contemplar as diferentes técnicas que domina.
Baixo o título de "Horror Vacui, o achado do superfluo" Fernando Cobo presenta a súa obra no Centro Socio Cultural O Ensanche de Santiago de Compostela dende o 6 de Marzo ata o 30 de Abril 2023
Encontro a tres a nova exposición de Josecho González, Isabel Soutullo e XMÑ (Maribel Castiñeiras)
Por segunda vez volven a expoñer o trio de artistas Josecho González, Isabel Soutullo e Maribel Castiñeiras (XMÑ) esta vez na sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimanzo. A exposición discurreu dende o 03 ao 28 de febreiro de 2023
Josecho González inaugurou o día 2 de Marzo a exposición que leva por título Xeometrías no Pazo da Cultura de Carballo. A mostra estará aberta ata o 26 de marzo 2023.
Galeoska na Confederación de Empresarios
Ata finales deste mes de xaneiro de 2023 está expoñendo Lurdes Meis a súas acuarelas e acrílicos en 42º Noroarte na rúa Eduardo Pondal nº 5. de Pontevedra.
Exposición no Centro Comercial Camelias
O Centro Comercial Camelias acolle este Nadal unha exposición de María Fortes Blanco, Lurdes Meis e Pimira, membros de Galeoska baixo o título de "Regalarte".