O pasado día 4 de Marzo e con motivo do día da muller o grupo Galeoska expón durante o mes de marzo unha mostra de pintura e escultura que leva por título " MULLER, AUGA NO VENTRE E NO OLLAR "
MUNDO GALEOSKA
Baixo o título de "Horror Vacui, o achado do superfluo" Fernando Cobo presenta a súa obra no Centro Socio Cultural O Ensanche de Santiago de Compostela dende o 6 de Marzo ata o 30 de Abril 2023
Enontro a tres a nova exposición de Josecho González, Isabel Soutullo e XMÑ (Maribel Castiñeiras)
Por segunda vez volven a expoñer o trio de artistas Josecho González, Isabel Soutullo e Maribel Castiñeiras (XMÑ) esta vez na sala Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimanzo. A exposición discurreu dende o 03 ao 28 de febreiro de 2023
Josecho González inaugurou o día 2 de Marzo a exposición que leva por título Xeometrías no Pazo da Cultura de Carballo. A mostra estará aberta ata o 26 de marzo 2023.
Ata finales deste mes de xaneiro de 2023 está expoñendo Lurdes Meis a súas acuarelas e acrílicos en 42º Noroarte na rúa Eduardo Pondal nº 5. de Pontevedra.
Entropías e sinerxias colectivas
Hoxe foi inaugurada unha exposición colectiva do grupo Galeoska baixo o título de "Entropías e sinerxias colectivas" na que participaron 13 artistas. A exposición está dispoñible ao público ata o día 28 de Febreiro de 2023 na Confederación Empresarial de Pontevedra en Vigo, na rúa García Barbón nº 104. en horarios de
luns a venres de 08:00 ata as...
Postal de Nadal 2022
Como ven sendo xa unha tradición de cada Nadal, varios membros do grupo Galeoska participaron no intercambio sorpresa de postais de Nadal. Mediante un sorteo "amigo invisible" cada participante envía unha obra por correo postal a outro membro para felicitar o Nadal .
A feira de arte Pop Art Store arranca no Centro Comercial Arousa, na mesma participan varios membros de Galeoska e de outro grupo Faro Lariño liderado este último por Antón Sobral de Marín.
Os artistas participantes pola banda de Galeoska foron :Abel Barandela, Bugallo, Fernando Cobo, Olalla Buceta, Manolo García e Sergio Ribeiro
Exposición 42º Noroarte
O 8 de outubro pasado quedou inaugurada a exposición colectiva do grupo Galeoska " Do pensamento a creación visual", mostra que se levou a cabo no espazo expositivo 42º Noroarte de Pontevedra.
O día 6 de agosto de 2022 as 20:00 horas foi inaugurada a exposición colectiva do grupo Galeoska baixo o título de Perspectivas de arte galega-portuguesa no auditorio de Vilagarcia de Arousa. O acto foi presidido pola concejala de cultural Sonia Outón.