BEATRIZ BASCOY

NOME ARTÍSTICO: ANETADOCAMILO
LOCALIDADE: OROSO
ANO: 1980
TELF: +34 605227297
PÁXINA WEB: https://www.anetadocamilo.com/ 
FACEBOOK: facebook
INSTAGRAM: Instagram
ENDEREZO ELECTRÓNICO:   anetadocamilo@gmail.com 

ACERCA DE MIN:  Anetadocamilo, compostelá de nacemento, picheleira de corazón.

O seu nome artístico rende homenaxe aos seus avós, Camilo e Carmucha, xente do rural, afeitos a traballar de sol a sol. É un recoñecemento a tódolos avós dunha xeración marcada pola loita contra a fame e as inxustizas dunha sociedade enfrontada.

Anetadocamilo é un xeito de expresar inquedanzas, sentimentos, críticas, vivencias cotiás, soños, e ansiedades que traspasan o límite dos elementos visuais para transformarse en armas contra as inxustizas, a monotonía, o desarraigo cultural,... de mergullarse nun mundo de cor paralelo a un mundo real no que abundan os tons grises.

Esta andaina xorde no momento no que se achega a técnica Mixmedia, na cal se combinan múltiples modalidades artísticas e se permite xogar coa mestura de diversas técnicas de traballo e materiais.

Dende a primeira pincelada, anetadocamilo pinta sendo quen é, sen pretensións, e coma ela adoita comentar, dende principios e por principios: "PINTO PORQUE ME PETA".

Artista Pintora