BUGALLO
NOME ARTÍSTICO: BUGALLO
LOCALIDADE: BRIÓN
ANO: 1978
TELF: +34
PÁXINA WEB: www.martinabugallo.com
FACEBOOK: https://www.facebook.com/martina.bugallo
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/martinabugallo/
ENDEREZO ELECTRÓNICO: art@martinabugallo.es
ACERCA DE MIN:
Martina Bugallo está considerada a pintora galega das paisaxes urbanas. A súa serie Camiños borrosos é unha das máis coñecidas. Nela a néboa e a choiva son elementos recurrentes que envolven rúas de cidades de marcadas cromías grises.
Outras series da artista son:
Disneas onde a figura femenina se volve serea, evocando as temáticas prerrafaelitas, encerradas en espacios claustrofóbicos, en vidas impostas que non decidiron.
Vidas solitarias baixo condicións chuviosas, serie tamén onde a muller é o tema central.
Graffitis autorizados. Nestas obras de edición limitada, os protagonistas son personaxes coñecidos principalmente da década dos 80, representando lemas protesta, de concienciación ou crítica social.
Tamén é unha pintora plein air, participa en numerosos concursos de pintura rápida no noroeste da península na época estival, onde xa obtivo algún galardón.
Entre os seus premios máis importantes atópase o obtido na BAM 2019.