CARMELA TABOADA PERIANES

NOME ARTÍSTICO: CARMELA TABOADA
LOCALIDADE: SANTIAGO DE COMPOSTELA
ANO: 1965
TELF: +34    609053116 
PÁXINA WEB:   https://taboadart.com/ 
FACEBOOK:   https://www.facebook.com/carmela.taboadaperianes 
INSTAGRAM: 
ENDEREZO ELECTRÓNICO:  carmelataboadap@gmail.com 
         
ACERCA DE MIN:

Carmela Taboada naceu en Santiago de Compostela pero criouse en Curtis, localidade da provincia da Coruña, aínda que será en Compostela onde desenvolverá a maior parte da súa vida. Agora é veciña de Oroso, concello limítrofe con Santiago, tamén ten fortes lazos con Carril.

Dende nena encantoulle a pintura, sobre todo os retratos, conta que lle atraían moito as diferenzas e semellanzas duns rostros e outros. Como anécdota para contar, nas marxes dos seus libros e apuntes de clase, de cando en vez, aparecían retratos dos seus profesores.

Estivo uns anos lonxe da súa paixón, xa que os seus estudos e a súa vida profesional a levaron noutras direccións, pero en 2011 volveu a ela. Pasou por unha academia de arte "Mareiras Espacio de Arte" e centrouse na pintura ao óleo, unha técnica que apenas practicaba.

Hoxe en día, ademais de facer retratos ao carbón, técnica coa que se sente cómoda, traballa moito o óleo. A súa obra é moi variada, podendo atopar dende bodegóns ata paisaxes mariñas, pero destaca o protagonismo que lle outorga á figura humana en moitas delas.

Dende 2019 pertence ao grupo GALEOSKA, co que realiza exposicións colectivas. Tamén foi membro da asociación compostelá AGAEC e da AAAGP cos nosos veciños portugueses.

Artista Pintora