A obra titulada Voltasquedavida da nosa compañeira Olalla Buceta gañadora...

11.11.2021

A obra titulada "Voltasquedavida", da artista vilagarciá Olalla Buceta López, foi seleccionada para erixirse na homenaxe escultórica que o Concello de Vilagarcía dedicará á sociedade arousá pola súa loita contra o narcotráfico. O xurado reuniuse esta mañá para avaliar as seis maquetas que concorreron ao concurso dotado cun premio de 15.000 euros. Unha vez fallado o certame, a gañadora disporá do prazo máximo de 6 meses para confeccionar e instalar a obra nos Xardíns de Ravella, emprazamento acordado pola Corporación Municipal.
Fonte: Concello de Vilagarcía