Dezasete artistas de Galeoska expoñen a sua obra no Lustres Rivas de Ribeira

25.12.2021

Un total de dezasete artistas integrantes do colectivo Galeoska expoñen a súa obra no Centro Cultural Lustres Rivas a través da mostra colectiva "Luarada", que ten como ribeirense á comisaria Carmen Sampedro.
A exposición foi inaugurada na noite do xoves nun acto que estivo presidido pola concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde María Sampedro, e contou tamén coa intervención de Carmen Sampedro e a presenza de boa parte dos artistas incluídos en Galeoska: un grupo nacido no 2017 que vén organizado dende os seus comezos todo tipo de iniciativas tales como xornadas formativas e informativas sobre a arte, feiras, mostras colectivas ou individuais, sempre coa igualdade e a cooperación como premisas.

En "Luarada" mestúranse distintos estilos artísticos. Os 17 artistas multidisciplinares, pintiores e escultoires, posúen unha longa e exitosa traxectoria, exhibindo diferentes tematicas e estilos: demde o realismo, impresionismo, expresionismo, arte abstracto ao surreolísmo xeométrico, e conxúganse técnicas diversas como óleos, acrílicos, acuarelas, collages, mixmedia, etc.

Os 17 artistas son: Anatadocamilo, Bugallo, Carmela Taboada, Carmen Sampedro, Chus Gómez, Isabel Soutullo, Josecho González, José Miranda, Lola Sanz, Manuel García, Marcos Soto, María José Puente, María R, Marisé Canda, Marga Santiago, Ollalla Buceta e Sergio Ribeiro.

No transcurso do acto escenificouse a doazón ao Concello de tres das obras expostas por parte dos seus autores: Marcos Soto, Manuel García e Chus Gómez.


"Luarada" pódese contemplar no Lustres Rivas ata o 29 de xaneiro en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta. 


Fonte: O Barbanza