" É un tempo salvaxe.."

15.05.2022

É un tempo salvaxe... 

É un tempo salvaxe; no que imperan os monstruos...

Disque os monstruos non existen; que só viven nos nosos soños. 

Repite comigo.. Disque non existen...Disque non existen...

E só viven nos nosos soños: aparecen cando apagas a lus... e desaparecen ao prendela.

Disque se os ves.. xa non podes apartar teus ollos deles, porque precisan de nós para saír da escuridade, e o noso medo é para eles coma o aire que respiramos! 

Disque se te deixas atrapar polo seu engado, algúns roen os teus ósos, e outros...a túa ialma, converténdote nun deles. 

Pobre do home ou da muller que tal lle pase! Mais nos val berrar con todas as nosas forzas para apartar de nós ese precipicio!!

Hoxe quérovos falar deles, dos monstruos, pero, sabedes? neste traballo non vou estar eu soa..

Nunca é bo tratar un só cos monstruos. É a primeira regra que che ensina o bo xénero de terror. Así que, poñéndoa en práctica, voume arrodear ben, para asegurarme de contar cun bo equipo nesta aventura. 

Un bo equipo e.. un bo plan, tamén! Xa que a segunda regra nestes temas é: NON PROVOQUES a ningún monstruo se non tes un plan medianamente decente detrás (obviamente, algo máis estruturado que botar a correr). 

Pois .. tendo estas dúas cousas xa tes para empezar..

As mais das veces, os monstruos son expertos en permanecer agochados, polo que non é mala idea tirarlles primeiro unha pedriña, algo light, que non pretenda máis ca premer na súa curiosidade e asomar o fuciño para ulir que se coce... 

Non vos preocupedes. Desta "pedriña" encárgome eu. Chamareina PRESENTACIÓN, e serán unhas pequenas "picadas" introductorias adicadas a cada monstruo que vos poñerán sobre a pista de cal é o monstruo en cuestión, pero sen revelar demasiado, o xustiño. 

Sen embargo, quero que sexa a segunda pedra, a que vou chamar TESTEMUÑO PERSOAL, (a dos que toparon algunha vez con algún deses monstruos e sufriron o seu horror), a que vos conduza dereitiños diante deles, e entón, espetarlle a cada un deles, sen miramentos, o seu NOME, e sen que nos trema a voz. (Todo o mundo sabe que coñecer o nome dos monstruos é a chave para derrotalos)

As OBRAS dos meus compañeiros e compañeiras de Galeoska, e outros amigos e amigas artistas, serán a derradeira pedra, a de gracia, a que arroxe luz á cara de cada un dos monstruos, deixando á descuberta a verdade do seu horror, algo que ninguén pode soportar, nin sequera eles mesmos, eles os que menos. Será un principio, só un principio, pero do seu fin.  

Estades preparados e preparadas? 

Suxeitádevos que empezamos!!!!!

NON HAI DÚBIDA NINGUNHA DE QUE OS MONSTRUOS HAINOS DE DIFERENTES TIPOS:

MONSTRUO  1

_PRESENTACIÓN:

Dentre todos, hai un monstruo especialmente temible, un que xa facía tremer aos nosos avós, e aos avós dos seus avós, porque ameazante, a súa sombra, negra e alongada, é desas que nunca nos deixa.  Aprovéitase da ambición humana e cando estala, asola todo ao seu arredor, e sen misericordia para ninguén, grandes ou pequenos, actúa coma se dun Deus apocalíptico se tratase, devorando aos seus fillos.

É por iso, que este monstruo é a causa de éxodos de desesperación, nos que todo queda relegado a fuxir coa finalidade de protexer a vida, especialmente a dos máis débiles.

_TESTEMUÑO:

Durante a Guerra Civil española mais de 50.000 nenos e nenas foron evacuados das súas vilas e aldeas e enviados polas súas familias a Francia, Gran Bretaña e a URSS co fin de alonxalos da guerra. Tiñan entre 5 e 15 anos. A maioría das cartas escritas neste exilio infantil non chegaron ao seu destino. Tampouco a totalidade destes nenos e nenas voltaron ao seu fogar.   Información do Centro Documental da Memoria Histórica e do seu Arquivo Xeral da Guerra Civil
Durante a Guerra Civil española mais de 50.000 nenos e nenas foron evacuados das súas vilas e aldeas e enviados polas súas familias a Francia, Gran Bretaña e a URSS co fin de alonxalos da guerra. Tiñan entre 5 e 15 anos. A maioría das cartas escritas neste exilio infantil non chegaron ao seu destino. Tampouco a totalidade destes nenos e nenas voltaron ao seu fogar. Información do Centro Documental da Memoria Histórica e do seu Arquivo Xeral da Guerra Civil

MONSTRUO 2

_PRESENTACIÓN:

Outros monstruos son sutiles, e silenciosos.. de feito semella que non están. E cando chegan, fano coma a marea.. De súpeto,cando te das de conta, telos colgados das orellas! (nunca mellor dito) e xa non podes nin respirar.. Só miras para eles con cara de parvo/a.. e pensas : isto estame a pasar a min, ou é un soño?.. ten que ser un soño... 

Pero non, non o é..

_TESTEMUÑO:

Relatos en primeira Persona COVID-19. Anna Bonafont Castillo y Pilar Rodríguez Rodríguez. Coord. Colección Papeles de La Fundación. Nº5. Fundación Pilares.

_ OBRA: Anetadocamilo

Maternidade e Paternidade en época Cóvid
Maternidade e Paternidade en época Cóvid

MONSTRUO 3

_PRESENTACIÓN:

Sigo cos monstruos...

Hainos engaiolantes, novidosos, cheos de promesas de conexión, máis aló da túa realidade. Teñen de bo que non discuten, non te rebaten, non te abandoan. É mais, se recorres a eles sen prestar demasiada atención, calquera día es ti quen non pode abandoalos. Esixen devoción absoluta, so ti e eles, eles e ti. Non hai cabida para ninguén máis, para nada mais, nin sequera para a VIDA, que queda reducida ao desexo continuo de conectarse, ou desconectarse, segundo se mire. OLLO CON XOGAR CON ELES... Lembrade sempre comprobar quen domina a quen..

_TESTEMUÑO:

"Álex é un xoven vigués na metade da veintena. Aficionouse aos videoxogos de neno. Cando por fin accedeu á universidade, accedeu tamen ao control do seu tempo, pero non o usaba para estudar. 

Xogaba-conta el-a videoxogos en liña entre 12 e 14 horas ao día. Perdía as horas de clase, empecei a mintir; chegado un momento xa non sabía como ocultar que non estaba acudindo a clase. E entón dime de conta de que necesitaba axuda. Os videoxogos -recoñece Álex- permítenche crearte un mundo virtual no que os demais non te coñecen como es, senón como a personaxe que te creas, e entón as amizades son máis doadas..."

Sabíades que, o artigo da Voz de Galicia do que extraio (e traduzo) estas declaracións, afirma que, a media de idade de acceso a un teléfono móbil sitúase arredor dos 10 anos?

E tamén que a porcentaxe de MOCIDADE ONLINE en risco de dependencia media/alta é dun 14%?

que vos parece?

O artigo ten data de marzo de 2016, e eses datos están baseados nun estudo do valedor do pobo do 2014.

Así as cousas, hoxe, no 2022, oito anos máis tarde, e tras un proceso pandémico (con confinamento incluído) nin me atrevo a consultar...

_OBRA: Uxío Fontsal Viñuela e Haki Higo

MONSTRUO 4

_PRESENTACIÓN:

Que doado sería acabar cos monstruos se sempre se mostrasen como son!

Pero poucas veces é así. De feito hai un.. que é especialmente traizoeiro; é o que eu chamo o de dobre cara: a do escaparate, e a escura, a que permanece agochada. Ésta última cando sae, que soe ser na intimidade, golpeate sempre con forza; a ti, pero tamén ao que máis queres, por extensión, e sempre baixo pretexto de AMOR. Dá igual a forma que adquira (de parella, indistintamente o xénero, filial,..hai moitas variantes), pero o veleno é o mesmo. 

Esa cara achúchate, énchete de bicos e de morados, a partes iguais. Non sabe discernir cando te quere e cando te mata. SÓ sabe que es propiedade súa, proclámao con orgullo... Esa cara non sabe de razóns, non hai respostas que lle vallan; se é que sí porque si, e se é que non porque non, e a súa ira fai tremer á máis pura inocencia.

_TESTEMUÑO:

(Noelia sobreviviu en 2015 a un intento de asesinato pola súa enton parella: tras tres anos de relación marcados polo maltrato psicolóxico, un 15 de xuño tentou asfixiala e finalmente, asestoulle oito puñaladas no pescozo. Foi trasladada á UCI e SOBREVIVIU. El, condeado a 10 anos de prisión. Seis anos despois, concédenlle o seu primeiro permiso. El vive en Santiago, a dez minutos da casa dela. INFORMACIÓN EXTRAÍDA DO QUINCEMIL. 30/12/2021). 

_OBRA: Hermano Lobo

"Muller desafiando ás sombras e ao medo". Fotografía de Hermano Lobo
"Muller desafiando ás sombras e ao medo". Fotografía de Hermano Lobo

MONSTRUO 5

_PRESENTACIÓN:

O horror dalgúns monstruos varía "segundo se mire". Ou mais ben, dependendo do grao de dano que che poida causar segundo o momento. Non é o mesmo que te pille cheo de forza e ánimos que que non poidas facerlle fronte porque apenas poidas dar un paso. Cando é así, láiase o silencio de que ninguén o escoita.. 

_TESTEMUÑO:

«Paso semanas sen ver a ninguén, a miña compañía son o can e o gato»

José pode presumir aos seus 89 anos de levar a vida, «ao ritmo que toca». Dende a súa casa en Murias do Camín, unha aldea de Os Ancares na que sobreviven el e outro veciño, ao que apenas ve, fala da forma que ten de convivir coa soidade.

Polas mañás érguese «sen présas, porque para que?» e desaiuna. Tamén se deita cedo, para combater a friaxe da invernía: «Non teño calefacción na casa, só unha cociña de leña e cada vez cústame máis carrexala. Por outra banda, os radiadores intento non conectalos, porque tal e como está de cara a luz..», confesa.

José cobra 600 euros de pensión que «chegan a pouco, hai moitos impostos» «Un tense que amañar co que ten», Traballou no campo e pasou pola escola agraria de A Coruña, e estivo en Navarra. «Pero ao final volvín para a casa. Cheguei a ter 20 vacas, aínda que hoxe só teño unha, que tamén me fai compañía».eu estou contento, e que lle hei facer? Teño que arranxarme co que teño», di.

Fai a compra en Navia, e confesa que el mesmo produce e ten unha boa despensa na que ten patacas e viño feito nas comunas de Negueira de Muñiz: «De momento, vállome por min mesmo para todo. E tamén, de momento, seguirá vivindo na casa que él mesmo axudou a construír cando era xoven, a súa palloza nos Ancares.

Artigo de La Voz de Galicia

_OBRA: Anetadocamilo

" A Soidade". Obra de Anetadocamilo. Temor de moitos, e inda que necesaria por momentos, cando é obrigada asústanos
" A Soidade". Obra de Anetadocamilo. Temor de moitos, e inda que necesaria por momentos, cando é obrigada asústanos

MONSTRUO 6

_PRESENTACIÓN:

Non vos quero deixar marchar, sen darlle o lugar que merece, a un monstruo que aquí na nosa terra é obxecto de temor e ao tempo de respecto e de veneración, e que coas súas palabras ben nos acorda a compañeira Carmen Sampedro. Escoitádea atentamente....

Sabemos do noso particular coleccionista de trofeos e medallas de homes valerosos, que medra coas bágoas dos que os choran, e cobra caro, ben caro sempre...

_TESTEMUÑO:

Era o máis veteran da tripulación. Tiña 57 anos, dous fillos e varios netos. 


Todos os que o coñecen, coinciden en referirse a el coma un experimentado patrón, daí que resulte tan difícil explicar a traxedia do mércores.

Levaba o barco como poucos e o barco era do mellor que hai por aquí», 


Isto sinalaba onte un mariñeiro de Cambados. Manolo, como se lle coñece na vila, era amigo da festa, e procuraba non faltar ao Albariño de agosto, nin a cea semanal que parte da tripulación e outros veciños organizaban cada xoves, sempre que as mareas permitíano. Os seus amigos falan del como un home brillante e sensato. A súa familia era de tradición mariñeira, sendo a súa muller vendedora de peixe no mercado de abastos, e o seu fillo tamén traballador do mar. 

Unha medalla que levaba ao pescozo axudou a identificalo no Porto do Son. 

Hoxe será soterrado en Santa Mariña.

(Relato recollido e traducido dun artigo de La Voz de Galicia)

Ai amigos e amigas.. a este vello monstruo iracundo, que tanto nos alimenta como se alimenta (de nós), o mar, enchémolo de afrentas que só saben de provocacións. Como non agardar que nos pida novas ofrendas?

_OBRA: Isabel Soutullo e Paco Casal

Todos estes monstruos camúflanse trala cortina da normalidade, e resulta moi difícil loitar contra a normalidade. Porque nela atopamos seguridade, a almofada sobre a que descansar, coñecida, e familiar, sexa boa ou mala.

Hoxe con este novo grolo de arte plantamos cara aos nosos monstruos, e sobre todo, APRENDEMOS que eles deben de aprender de nós o significado de:

Non é non. Anetadocamilo
Non é non. Anetadocamilo

HOXE DECIDIMOS que non queremos temelos!  Pero que non podemos facelo sos ou soas.


Os/as que empezáchedes comigo nesta aventura dos grolos de arte, tendes claro, despois das conexións que levamos establecidas ata aquí, que a realidade, incluso a que non vemos, non se escapa á ollada artística.

Por iso, ir á busca dos relatos persoais que nos importan, que nos moven, e redirixilos de inmediato cara a arte, como instrumento mediador, axúdanos ENTENDER E AFRONTAR ESA REALIDADE porque neste noso recuncho, A ARTE É FÓRMULA MÁXICA, ESCONXURO EXORCIZADOR!

Para vindeiro grolo de arte.... Quen sabe a que nos enfrontaremos..

Só sei, que saia o que saia daquí, vos estaredes comigo, amigos e amigas, acompañándome na aventura valerosa dos grolos galeoskianos, nos que ARTE E VIDA, amosan unha perspectiva diferente do noso talento, o talento galego e universal!   

O meu agradecemento a todos e todas os que en cada grolo aportades este talento e moita moita complicidade! 

Grazas tamén aos que me ledes, amigos/as! Sen vós, nada sería igual

e a Galeoska, sempre, pola oportunidade que me/nos brinda cun espazo no que compartir e expresarnos altruistamente. Facémolo así, todos nós, esa é a única e verdadeira razón, porque AMAMOS A ARTE e facémolo desde a LIBERDADE QUE DÁ COÑECER AOS MONSTRUOS E AFRONTALOS SEN MEDO, AGARRÁNDONOS Á VIDA CON TODAS AS NOSAS FORZAS!

bicos mil, María R.