El artista carballés Josecho González expone en Lugo

19.07.2023
Josecho González
Josecho González

Desde o pasado mes de xuño, e ata o 31 de xullo, pódese visitar no espazo cultural O Cárcere Vello, en Lugo. Segundo o propio autor, os traballos desta exposición caracterízanse polo uso de diferentes formas xeométricas, organizadas de forma lóxica, "mostrando unhas pezas cheas de cor como tema principal para compoñer o cadro". O resultado é "unha conxugación harmónica de plasticidade e cromatismo". O espazo cultural está aberto todos os días de 11:00 a 14:00 horas da mañá. Polas tardes: de domingo a mércores, de 17:00 a 20:30 horas; e de xoves a sábado, de 17:00 a 22:30 horas.

Fonte: A voz de Galicia