Encontro a tres en Caión

04.10.2022


A cor e as formas do carballés Josecho González, a pintura intuitiva da caionesa Maribel Castiñeira, e os óleos sobre lenzo e colaxes de teas e redes de Isabel Soutullo. (Coristanco) conviven dende o venres no centro sociocomunitario de Caión. A mostra Encontro a tres está baseada en case trinta obras destes bergantiñáns que comparten unha inquietude artística, pero que teñen unha "forma moi diferente de ver a pintura". Dende a xeometría de González ata os rostros e as almas de Castiñeira ("ás veces penso que alguén me quere dar mensaxes a través da pintura") e a atracción de Isabel pola natureza. Ata o 28 de outubro • Visitas de 17.00 a 20.00 h •
Fonte: A voz de galicia