Lola Sanz en Luarada

30.01.2022

Alguén dixo que para falar de Lola Sanz hai que comezar con poesía. Foi a primeira impresión que me produciu esta súa obra, pendurada coa mostra que o grupo Galeoska está a presentar estes días na sala do Centro Cultural Lustres Rivas, de Ribeira. Unha pintura disposta en versículos consoantes polo formato, pola dimensión, polo tema, pola cor, pola luz e polo propósito, que diríamos na orde dun xardín xaponés en vertical, esencialista, tan pousado no acontecer coma preciso no ordenamento...
Fonte:  A voz de galicia