Varios compoñentes do grupo Galeoska expoñen en Espazo Sergio Ribeiro

15.01.2022

Varios membros do grupo Galeoska expoñen unha mostra que leva por título Mulleres de buxo, un xogo de palabras que fai alusión a que as mulleres galegas non son mulleres debuxo, senón que son mulleres traballadoras e duras como a madeira de buxo.
A exposición estará visible dende hoxe sábado día 15 de xaneiro ata o 12 de febreiro 2022 en Espazo Sergio Ribeiro de Carril-Vilagarcía e cuxos participantes aparecen no cartel que se amosa