MANUEL GARCÍA
NOME ARTÍSTICO: MANUEL GARCÍA
LOCALIDADE: NIGRÁN
ANO: 1962
TELF: +34 678486640
PÁXINA WEB: www.manuelgarciaartesano.es
FACEBOOK: https://www.facebook.com/ManuelGarcia.Torneiro
INSTAGRAM: #manuelgarciaartesano
ENDEREZO ELECTRÓNICO: manolodeferreiros@gmail.com
ACERCA DE MIN:
Manuel García, naceu en Ferreiros, O Pino, A Coruña, España en 1962. Fillo e neto de madeireiros, dende neno viu o proceso de transformación da madeira, sen sospeitar que algún día sería él quen transformaría pequenas. pezas de madeira en pezas artísticas.
Estudou en Santiago de Compostela, onde se licenciou en Ciencias Empresariais, desenvolvendo a súa actividade profesional fóra do mundo artístico. Viviu en Santiago ata 2017 e dende entón en Nigrán.
No seu tempo libre realizou cursos de restauración de mobles, o que lle permitiu coñecer máis sobre a madeira e o manexo de ferramentas, o que lle axudou a adquirir habilidades manuais que irá perfeccionando co paso do tempo. Esta experiencia axúdalle a ver o potencial de certas pezas que a priori non teñen ningún valor e agochan no seu interior auténticos tesouros.
No ano 2010, por casualidade, descubre o mundo do torneado artesanal da madeira e realiza varios cursos na Vila Artesá da Fraga (Xermade-Lugo). Esta técnica engaiola e esperta nel unha actividade creativa que o levará do artesanal ao artístico dun xeito inconsciente.
Traballa principalmente a madeira, aínda que tamén utiliza outros materiais, pero sempre ten moito coidado de elixir aqueles que teñen unha historia que contar. Na maioría das súas creacións trata de facer a menor intervención posible na peza, deixando así o protagonismo á materia prima, deixando o artista nun segundo plano.
A súa capacidade para ver que a madeira esconde dentro, para valorar e interpretar o que o tempo e a natureza fixeron con certos materiais, é sen dúbida o seu selo de identidade.
O seu respecto polo medio ambiente e a sustentabilidade lévano a utilizar materiais que foron descartados, dándolles unha segunda oportunidade, unha nova vida.
Expón por primeira vez en 2021 nunha exposición colectiva co grupo Galeoska, do que é membro.
Artista Escultor